luns, 28 de abril de 2014

Lo que más trabajo cuesta, más dulce se muestra

O espacio baleiro da medo, pero con esforzo pódese construir o que un queira! Partimos da nada e o traballo dos membros que contitúen o grupo de traballo da Biblioteca deu o seu froito! Deixamos aquí unha galería de imaxes que ilustra mellor que nada o resultado final.

O punto de partida (imaxe publicada no artigo de La Voz de Galicia o 10 de setembro de 2013)
            • Situación en setembro de 2013:
              • Estanterías baleiras e paredes en branco.
              • Caixas no chan con libros que foron cedidos polo Concello. 






A nosa Biblioteca hoxe é ben distinta!












  • Organización do espazo e decoración do mesmo. 
  • Expurgo e ordenación do material seguindo a CDU.
  • Catalogación no MEIGA dos distintos materiais.
  • Novas dotacións:
    • Tres postos informáticos. 
    • Televisión e DVD.
    • Un libro electrónico de lectura en sala e préstamo (isto último en proceso).
    • Novos exemplares de consulta e lectura (dicionarios, atlas, cómics, etc.)
  • Servizo de préstamo de libros en formato papel - entrega de carnés de usuario. 
  • Formación de usuarios, exposicións, realización e colaboración da Biblioteca na organización de actividades.

O futuro da Biblioteca: todos nós aplicando unha cita de Ray Bradbury: "uno debe inventarse a sí mismo todos los días y no sentarse a ver cómo el mundo pasa allí adelante, sin que uno participe"

Ningún comentario:

Publicar un comentario