sábado, 11 de abril de 2015

Semana da Francofonía















No marco da semana da Francofonía, que se celebra en todo o mundo entre o 14 e o 22 de marzo, a Biblioteca organizou varias exposicións:
Nos corredores están expostos diferentes traballos realizados polo alumnado de francés de 1º e de 3º de ESO.




Na propia biblioteca a exposición conta con distintos materiais: libros, pasaportes lingüísticos, revistas xuvenis, posters, etc.




Tradución da páxina web do Ministère de l'éducation nationale français publicada no mes de febreiro a propósito da Francofonía e traducida ao galego por Eloi Rodríguez e José Daniel Viqueira (1º Bacharelato A):


Semana da lingua francesa e da francofonía
Lectura e escritura
Pra saber máis
Páxina a consultar
Dime dez palabras
·       Un concurso de creación literaria
·       Calendario do Concurso das dez palabras
·       As iniciativas todo ao longo do ano
Semana da lingua francesa e da francofonía
·       Presentación da “Semana”
·       Programa
·       O slam invítase
·       Arquivos
A Semana da lingua francesa e da francofonía desenrólase do 14 ó 22 de marzo do 2015. Esta semana permite celebrar a lingua francesa a través de numerosas animacións organizadas por todas partes en Francia e no estranxeiro. No 2015, a temática reservada é “o francés, lingua hospitalaria”.
Estimular a apropiación da lingua francesa
A semana da lingua francesa e da francofonía foi creada no 1995 por iniciativa do ministerio de Cultura e de Comunicación. É organizada cada ano arredor do 20 de maio, día internacional da francofonía.
Este acontecemento é un momento privilexiado da identidade francófona. En Francia e no estranxeiro organízanse miles de manifestacións:
·       Talleres de escritura, oratorios
·       Competicións de slam
·       Conferencias, debates
·       Exposicións, encontros
·       Etc
Estes acontecementos permiten ao público celebrar a lingua francesa, nun espazo cultural común a todos os francófonos e aos amantes do francés.
Actividades pedagóxicas para celebrar a lingua francesa
A semana da lingua francesa e da francofonía é un bo momento para a operación nacional “Dis-moi dix mots”, “Dime dez palabras”. Cada ano, dez palabras son honradas. Para o ano escolar 2014-2015, as dez palabras reservadas son: “amalgame, bravo, cibler, grigri, inuit, kermesse, kitsch, sérendipité, wiki, zénitude” (“amalgama, bravo, determinar, grigri, esquimó, quermes, kitsch, serendipia, wiki, zenitude”).
Os ensinantes poden utilizar os útiles de sensibilización á lingua francesa subidos á dirección: www.dixmoidixmots.culture.fr
Un “caderno das dez palabras” propón definicións, xogos e textos.
Fichas pedagóxicas, animacións audiovisuais e crónicas sobre as dez palabras realizadas pola Scéren-CNDP
A semana da lingua francesa e da francofonía é unha ocasión de presentar os proxectos artísticos ou literarios desenvolvidos no cadro de operación “Dis-moi dix mots”.
Dende 2010, o slam invítase á Semana permitindo a cada un expresarse libremente arredor das dez palabras en torneos ou representacións abertas.


Ningún comentario:

Publicar un comentario