sábado, 11 de abril de 2015

Xornadas gastronómicas


No marco da Semana da Francofonía o Departamento de francés do IES do Milladoiro organiza unhas Xornadas gastronómicas ás que invitamos a participar a todo o centro.
Día: 16 de abril
Hora: 11.30-12 horas
Lugar: Biblioteca e corredor
No marco da Semana da Francofonía o Departamento de francés do IES do Milladoiro organiza unhas Xornadas gastronómicas ás que invitamos a participar a todo o centro.
Desenvolvemento da actividade:
1.- Os alumnos e alumnas deberán escoller unha receita en francés; as receitas serán facilitadas xunto coa súa correspondente tradución (para o alumnado ou profesorado que o precise)
2.- A receita será posta en práctica na casa o día anterior, é dicir, o 15 de abril, en grupos de dúas a tres persoas. Excepcionalmente os grupos poderán estar formados por máis persoas e admítese a participación individual.
3.- O día 16 de abril encargarémonos de colocar os pratos na biblioteca á primeira hora da mañá para seren expostos e valorados polo Xurado.
Nota: Cada prato debe vir acompañado dunha ficha en francés (en cartulina tamaño medio folio) na que apareza: nome da receta, algunha información como preparación, tempos etc. así como os ingredientes.Todo o anterior debe estar en francés. Pola parte de atrás aparecerá o nome do instituto e o nome dos alumnos e alumnas que a elaboraron. Pódese ilustrar a ficha con bandeiras de Francia e colorear.
Ao longo da mañá, o xurado, formado por profesores e persoal non docente, así como o xurado de alumnos seleccionará os mellores pratos segundo as diferentes categorías con dereito a premio:
Cociña francesa ou francófona
A. Pratos elaborados polo profesorado
B.-Pratos elaborados polo alumnado. Neste apartado haberá tres premios:
1º premio dotado con 30 €
2º premio 25 €
3º premio 15 €
Cociñas do mundo
C.- Pratos elaborados polo alumnado procedente doutros países.
Neste apartado haberá un único premio
1 premio de 10 €.

Tanto nas categorías B coma C os premios consistirán en cheques canxeables por material escolar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario