martes, 26 de maio de 2015

Debate electoral no IES do Milladoiro


O pasado martes 19 de maio, celebrouse no Instituto un debate electoral coas sete forzas que se presentaron ás eleccións locais do día 24. Nodebate tomaron a palabra nunha primeira ronda o BNG (David Santomil), o PsdG-PSOE (José Miñones), o PP (Alberto Piñeiro), Ames Novo (Pilar Candocia), Contigo Pódese (Genma Otero), Pacto por Ames (Ramón Argibay) e Cidadáns (Javier López). De seguido abriuse unha quenda de intervención do alumnado presente, de 1º de Bacharelato, que falou sobre as vías de participación política, dos problemas do transporte, dos equipamentos para actividades deportivas e lúdicas, do noite-bus, etc.

Todas forzas políticas reiteraron o seu compromiso de solicitar unha entrevista coa Consellería de Educación para solucionar o problema do equipamento do Instituto. Agradecemos a presenza do acto, organizado pola Biblioteca e mais o Departamento de Xeografía, Historia e Ciencias Sociais, das persoas que representan as forzas políticas do Concello, así como a participación e intervencións do alumnado presente.




Ningún comentario:

Publicar un comentario