domingo, 22 de novembro de 2015

NORMAS DA BIBLIOTECA

  1. Na biblioteca hai que manter unha actitude de orde e procurar non levantar a voz cando traballemos en grupo.
  2. Non entraremos con comida ou bebida.
  3. A biblioteca estará aberta segundo o horario que está exposto fóra da sala. O alumnado poderá acceder noutras horas tamén, sempre que vaia acompañado dalgún profesor ou teñan a autorización correspondente.
  4. As enciclopedias, dicionarios, xornais e revistas non se poden sacar da sala e deixaranse no seu sitio unha vez consultados.
Uso dos ordenadores:
  • O seu uso se limitará a buscar información, elaboración de traballos ou  consultar o correo electrónico.
  • será prioritario para o alumnado que os precisen para realizar tarefas académicas.
  • O profesorado de garda poderá limitar ou organizar o tempo de utilización cando haxa moita demanda.
PRÉSTAMOS
  1. O servizo de préstamos será de luns a venres no recreo.
  2. Poderás levar un máximo de 3 exemplares.
  3. O período máximo de préstamo será de 15 días. Este prazo poderá ampliarse outros 7 días renovando o préstamo.
  4. No caso de deterioro o perda serán repostos polo alumno.

Ningún comentario:

Publicar un comentario