QUERES SER BIBLIOAXUDANTE?

Se queres formar parte do noso selecto grupo de BIBLIOAXUDANTES e colaborar no bo 
funcionamento da biblioteca, só tes que achegarte nos recreos para colaborar  nas seguintes tarefas:
  1. Orientar aos teus compañeiros na busca de libros axeitados ou axudarlles a que atopen o que buscan.
  2. Manter a biblioteca ordenada colocando cada libro no lugar que lle corresponde.
  3. Axudar aos compañeiros a buscar información na web.
  4. Seleccionar os fondos para as exposicións que se fan na biblioteca ou no centro.
  5. Decorar a biblioteca nas conmemoracións ou celebracións dunha data determinada.
  6. Ler nos recreos en grupo.
  7. Facer comentarios que se publicarán no blog da biblioteca.




Comentarios