martes, 5 de xaneiro de 2016

ANUNCIO PARA OS/AS QUE TIRAN PROVEITO DAS BIBLIOTECAS

En xaneiro as bibliotecas galegas réndenlles homenaxe aos seus usuarios e usuarias 


Os andeis, libros, obradoiros e exposicións que acotío centran a actividade das bibliotecas cédenlles o 11 de xaneiro todo o protagonismo aos usuarios e usuarias, parte imprescindible deste servizo a prol da extensión da lectura e da información.

Ao coincidir esta efeméride en domingo, as bibliotecas adiantan a celebración ao día 9 con visitas guiadas, xornadas de portas abertas, sesións de contacontos, entrega de agasallos e a elección dos Socios de Honra ou de 'Superusuarios/as'. Será nas bibliotecas públicas territoriais de Santiago de Compostela, de Lugo, Vigo, Pontevedra, Ourense e A Coruña. Nesta última, estenderanse ata o día 12 con visitas guiadas polas súas instalacións.



Ningún comentario:

Publicar un comentario