domingo, 27 de marzo de 2016

VOLUNTARIADO NA BIBLIOTECA ESCOLAR

Tras recibir unha formación básica nas funcións de xestión da biblioteca e os seus recursos a cargo de membros do equipo da biblioteca, o alumnado inscrito na convocatoria BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS 2015 utiliza o programa MEIGA para préstamos e devolucións de fondos, cataloga novos libros seguindo a nosa adaptación da CDU, fai buscas de títulos e suxestións de compra, agrupa e coloca os fondos segundo a CDU e, sobre todo, implícase na formación de novos usuarios. Estas son algunhas imaxes que nos deixan os que podemos xa chamar alumnos CIBERvoluntarios.


Ningún comentario:

Publicar un comentario