APERTURA DA BIBLIOTECA UN MÉRCORES AO MES: COMEZAMOS CUN CURSO DE BANDA DESEÑADA

Dende xaneiro A nosa biblioteca oferta actividades un mércores ao mes e está atendida por un profesor do centro. Tanto alumnos e alumnas como pais e nais poden acudir a ler e consultar os libros ou a participar nas actividades que se ofertan. Así que xa sabedes, nos deixedes de visitarnos!!!

Esta iniciativa comezou o día 27 de xaneiro cun curso de banda deseñada. O mes de febreiro tivemos un obradoiro de encadernación e o mes de marzo as familias e alumnos que participaron no intercambio con Dinamarca reuníronse na biblioteca para poñer en común as presentacións realizadas polos alumnos e para achegarnos un pouco á cultura do país que iamos visitar.  
O próximo 27 de abril o autor Xesús López Rodríguez encontrarase con pais e nais, profesores e alumnos para coñecer máis de preto a traxectoria e as obras deste autor.


IMAXES DO CURSO DE BANDA DESEÑADA








Comentarios