xoves, 14 de abril de 2016

CHARLA "SALVA LA SELVA", DEPARTAMENTO DE CIENCIAS NATURAIS

"Mobilízate pola Selva" é unha campaña do Instituto Jane Goodall que pretende sacar á luz o perigoso comercio do Coltán, un mineral imprescindible nos dispositivos electrónicos que se extrae en dubidosas condicións éticas e medioambientais na República Democrática do Congo.

Dende o IES Milladoiro non queremos formar parte deste comercio que causa guerras e colaboramos coa compaña a dous niveis: creando un voluntariado no IES que conciencie a alumnado, profesorado e familias da importancia de reciclar os teléfonos móbiles e por outra parte, poñendo un punto de recollida de teléfonos móbiles.
Os beneficios desta campaña revirten en melloras sociais e medioambientais na República do Congo.
Podedes obter máis información no enderezo http://www.janegoodall.es/es/movilizateporlaselva.html


Animádevos a traer os móbiles que non usedes!







Ningún comentario:

Publicar un comentario