xoves, 9 de xuño de 2016

OBRADOIRO DE RADIO NA NOSA BIBLIOTECA. DEPARTAMENTO DE GALEGO



Desenvolvemento do OBRADOIRO DE RADIO no grupo de Afondamento da lingua galega en 1º ESO A-B en tres sesións impartido polo xornalista Luís Pardo.

     1ª SESIÓN (26 de abril): aproximación ao mundo da radio, conceptos  teóricos, deseño do programa e reparto das tarefas e/ou seccións (escaleta) para que os alumnos poidan facer todo o necesario para o programa.

     2ª SESIÓN (24 de maio): gravación do programa sobre Manuel María (Letras Galegas 2016) como se fose unha emisión en directo. De feito fixemos dúas entrevistas en directo a Saleta Goy  (viúva Manuel María) e Alberte Ansede (secretario da fundación Manuel María).

     3ª SESIÓN (7 de xuño): escoitamos a gravación, analizámola, debatémola e sacamos conclusión moi válidas para mellorar as exposicións orais.

OBRADOIRO DE RADIO

Ningún comentario:

Publicar un comentario