xoves, 9 de marzo de 2017

9 de marzo-Día da muller


Dende a biblioteca queremos unirnos a celebración do Día da Muller e ás reivindicacións de igualdade entre xéneros con este audiovisual creado no IES Politécnico de Vigo por e estudantes e profesoras.





O Departamento de Economía preparou unhas actividades na Biblioteca co alumnado de cuarto de ESO para conmemorar o 8 de marzo. Preténdese recoñecer a loita da muller pola súa participación, en condicións de igualdade co home, no campo social e laboral.
Por un lado, o alumnado da materia de Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresarial realizou a lectura e análise de varias noticias de actualidade sobre a brecha salarial entre homes e mulleres e o teito de cristal que limita o acceso da muller a postos directivos. Este traballo. Despois confeccionáronse uns carteis coas noticias seleccionadas para ser expostos no corredor.
Por outro lado, na materia de Economía levouse a cabo un traballo colaborativo de investigación e análise estatístico sobre as discriminacións de xénero no mercado laboral, analizando as causas e consecuencias sobre a vida das mulleres. En particular, tratar a necesidade de implantar nas empresas de medidas que favorezan a conciliación laboral e familiar, pero que estas non deben estar destinadas só as mulleres se non tamén aos homes. Habitualmente estas medidas son pensadas en clave feminina, o que perpetúa os roles de xénero e limita que as mulleres desenvolvan unha carreira profesional nas mesmas condicións que os homes. Baixo o lema “Traballar igual. Cobrar igual. Conciliar igual.” elaboráronse dous carteis expoñendo os resultados do traballo.





Coa colaboración dos  Departamentos de Historia, Inglés e L. Española entre outros, o alumnado de 4º de ESO asistiu á proxección de Las sinsombrero a 5ª hora




Tamén se fixeron exposicións dentro e fóra da biblioteca.








Ningún comentario:

Publicar un comentario