NA NOSA RADIO
Departamento de portugués
O Día da Conciencia Negra, celebrado o 20 de novembro, xurdiu como unha data dedicada a reflexionar sobre a loita, a resistencia e as contribucións da poboación negra na construción do Brasil. A escolla do día conmemora a morte de Zumbi dos Palmares, símbolo da resistencia contra a escravitude e da procura da liberdade. En 2023, foi recoñecido oficialmente como festa nacional, reforzando o papel fundamental da data na promoción da igualdade racial e na loita contra o racismo estrutural.
As alumnas de portugués Alicia, Nerea e Xiana, estudantes de primeiro de bacharelato, gravaron un podcast para conmemorar este día.
Esperamos que o gocedes.
Moitas grazas, profesora Mila!


Comentarios
Publicar un comentario