luns, 28 de abril de 2014

Os nosos gañadores! Parabéns!






Este venres 25 de abril puxemos punto e final á Semana do Libro con diversas actividades que tiveron lugar na Biblioteca do IES do Milladoiro e contaron co apoio de diversos Departamentos. Agradecemos a colaboración dos distintos membros da comunidade educativa e a grande participación do noso alumnado.
O equipo da Biblioteca quere felicitarvos, pois a nosa maior satisfacción foi ver a Biblioteca ATEIGADA DE ALUMNOS E PROFES! Moitas grazas por facelo posible!





Actividades realizadas o 25 de abril:

1.- Xornada gastronómica francesa.







2.- Certame literario.
  • Panel informativo
  • Bases
  • Xurado (gracias pola vosa colaboración)
    • Luisa Mª Paz Patiño (representante profesorado)
    • Rafael Baliñas (representante profesorado)
    • Norma Pillado (representante profesorado)
    • Elena (representante persoal non docente)
    • Gabriela Oreiro(representante pais e nais)
  • Premiados:
    • Categoría A: Isabela Marín (1º ESO) co seguinte RELATO
    • Categoría B: Eva López González (4º ESO) co seu RELATO


3.- Elección da mascota da Biblioteca:





                                           Premiado: Mateo Muñoz (2º ESO) pola súa mascota LEO.
Mascota gañadora





1º finalista
2º finalista

4.- Elección do nome da Biblioteca:
  • Dado o escaso número de propostas, decidimos abrir un novo prazo para incluir outras novas. Así que ide pensando un nome e acompañalo da xustificación oportuna. 



1 comentario:

  1. Un pracer formar parte do xurado no certame literario.
    E moi contenta de que o meu fillo Mateo gañase o primeiro premio ca sua mascota "Leo" !

    Noraboa por todos estos proxectos que estades a levar a cabo.
    Saúdos.
    Gabriela Oreiro

    ResponderEliminar