venres, 28 de novembro de 2014

Bases do concurso "Problemas matemáticos"


BASES DO CONCURSO
Problemas matemáticos
A Biblioteca do IES do Milladoiro convoca un concurso matemático coa finalidade de promover a competencia matemática entre o seu alumnado.
Primeira. Participantes e categorías
Establécese unha sola categoría: alumnado de 1º da ESO, 2º da ESO, 3º da ESO, PDC e 4º da ESO
Segunda. Características do texto
Tema: Resolución de cinco problemas matemáticos
Formato: Word, arial 12 e dobre espazo
Idioma: Galego
Redación: Os problemas deberán estar debidamente razoados e redactados
Entrega dos traballos: Recepción das resolucións dos problemas terá lugar na Biblioteca o día 10 e 11 de decembro durante o recreo. Seguirase un sistema de plica para garantir o anonimato, é dicir, nun sobre gardarase a solución dos problemas e noutro introducirase a folla de identifición (nome, apelidos, curso, enderezo, teléfono...). Ambos sobres identificaranse co mesmo número.
Data límite de entrega: o día 11 de decembro
Terceira. Premios
O fallo terá lugar o día 16 de decembro. Farase pública nos taboleiros informativos do centro e no blog da biblioteca.
Entegarase un primeiro e un segundo premio.
A data da entrega dos premios realizarase o día 19 de decembro durante o festival de Nadal.
Proxectarase na pantalla as resolucións dos gañadores.
Cuarta. Xurado
O xurado estará constituído por 3 representantes do profesorado do centro.
Quinta. Resolucións dos problemas seleccionadas
Pasarán a ser propiedade do IES do Milladoiro e poderán ser obxecto de publicación a través dos medios que considere oportunos (escritos, dixitais, etc.) e sen afán de lucro.
Sexta
A presentación a este certame supón a aceptación das bases presentadas. O incumprimento das mesmas suporá a descalificación automática.


Ningún comentario:

Publicar un comentario