DÍA DAS ESCRITORAS E DÍA DAS BIBLIOTECAS

 




No día 24 de outubro celébrase o "Día Internacional das Bibliotecas", o lema deste ano é "Contra a desinformación: bibliotecas" pretende destacar o papel fundamental que as bibliotecas desempeñan na loita contra a deseinformación.

Hoxe en día, as bibliotecas son espazos multifuncionais, que evolucionaron de simples repositorios de libros a espazos verdadeiramente activos para a aprendizaxe e o traballo colaborativo, apoiando o desenvolvemento da alfabetización e promovendo a investigación, ampliando as experiencias educativas e formativas do noso alumnado. Cremos que as bibliotecas deben dar a oportunidade ao alumnado de navegar por bases de datos, utilizar fontes fiables e perfeccionar as súas habilidades de investigación e selección de información. 




Defendemos e cremos que estas habilidades son esenciais para o éxito e para o exercicio dunha cidadanía informada, ilustrada e responsable, algo no que necesitamos traballar con urxencia se queremos e cremos en democracias intelixentes. A nosa biblioteca é un lugar de actividades extraescolares como clubs de lectura, clubs de xadrez, actividades culturais e obradoiros temáticos.

Caza ao tesouro literario

                                                             
                                                       


Estas iniciativas non só espertan o interese pola lectura, senón que tamén fortalecen o sentido de comunidade escolar, convertendo a biblioteca nun lugar de encontro saudable e frutífero para diversos intereses e talentos.

https://www.instagram.com/reel/DQMoHDsiCRE/?igsh=MWhzcTZ1Znl5ZXh1Zw%3D%3D


Comentarios