xoves, 6 de novembro de 2014

Puta guerra!


En agosto de 1914 comezou un acontecemento que provocou a morte de máis de dez millóns de persoas, destrucción a niveis descoñecidos ata ese momento e sufrimento, moito sufrimento. Falamos da Primeira Guerra Mundial (1914-1918), a Gran Guerra como a coñeceron as persoas que a viviron. Conmemoramos neste 2014 o centenario daquel conflito do que neste ano se publicaron moitos estudos e moitas novelas.
Jacques Tardi é un historietista francés autor de varios volumes de banda deseñada que teñen a historia como protagonista, aínda que Tardi non é un historiador. Dúas das súas obras contan, precisamente, como foi a Primeira Guerra Mundial. A primeira delas, La guerra de las trincheras, ten xa uns poucos anos porque se editou en 1993. O seu título é dabondo significativo de cómo se desenvolveu aquela guerra: as trincheiras. 

O título do segundo tamén o é: ¡Puta guerra!

Aínda non temos estas obras na nosa Biblioteca pero se estás interesado nelas Leo se encargará de conseguilas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario