domingo, 22 de marzo de 2015

Actividades da Semana do Libro

Durante a Semana do Libro desenvolveranse as seguintes actividades:



Creación literaria: nas horas de titoría os alumnos poderán participar na creación dunha historia  titulada “A vida de Olaf e Agnetha en Copenhague”.  Para elaborar a  historia os grupos irán facendo aportacións narrativas secuenciadas durante as horas de titoría dende o día 24 de marzo até o día 14 de abril, seguindo os horarios e calendario que enviamos en arquivo adxunto.
Coas aportacións de todos os grupos crearemos un libro con tapas grosas  que será exposto durante a semana do libro na nosa biblioteca e no blog da biblioteca insertaremos un libro dixital.
O seguinte texto servirá para a contextualización da historia:
A vida de Olaf, un rapaz de 16 anos, cambiará cando coñeza a Agnetha, unha rapaza da súa mesma idade e  que coma el  ten que adaptarse a un novo entorno xa que acaban de trasladar ao seu pai por motivos laborais….

O tendal literario: breves fragmentos de famosas obras literarias co nome do autor e o título da obra colgados con pinzas pola biblioteca. Para esta actividade servirá con que enviemos ao correo da biblioteca os fragmentos que cremos deben ser expostos na BIBLIOTECA. A idea está tomada da páxina http://leer.es/home.

Lectura secuenciada do Quixote. Un grupo de alumnos de 2º e 3º ESO lerán na BIBLIOTECA durante o día 23 o Quixote e outro grupo realizará debuxos ou graffitis en cartulinas  sobre os personaxes da obra. 





Ningún comentario:

Publicar un comentario