mércores, 27 de maio de 2015

Charla de Xesús Redondo Abuín

Nun acto organizado pola Biblioteca e o Departamento de Ciencias Sociais, o martes 26 de maio, o alumnado de 1º de Bacharelato B, compartiu unha lección de Historia con Xesús Redondo Abuín. Abuín non sae nos libros de Historia pero é protagonista dela.

Abuín naceu en Asados (Rianxo) en 1938. A situación económica familiar obrigouno a emigrar. Fixoo á Asturias, onde traballou nas minas de carbón. Alí entrou en contacto coa militancia obreira antifranquista. As súas reivindicacións por mellores condicións de vida e de traballo, nunha época na que a folga era considerada delicto militar, levouno ao exilio en Bélxica. De regreso ao país, foi detido pola policía franquista, que o enviou a El Aaiún (no antigo Sáhara español). Pasou dende alí ás Canarias, onde como consecuencia dun conflito laboral recibiu un disparo da Garda Civil e foi condeado a doce anos de prisión, da que non saiu ata despois da morte de Franco.

Ningún comentario:

Publicar un comentario