domingo, 22 de novembro de 2015

MES DE NOVEMBRO: COMEZAMOS COA PRÁCTICA DE FORMACIÓN DE USUARIOS

Neste mes de novembro comezamos coas sesións prácticas de formación de novos usuarios da biblioteca, aínda que teremos que continuar todo o curso e permitir que os demais alumnos tamén repasen os coñecementos adquiridos no curso pasado.

O obxectivo fundamental destas sesións é coñecer cómo están organizados os fondos bibliográficos e dixitais da nosa biblioteca e promover a autonomía entre os seus usuarios para que sexan capaces de localizar con rapidez a información que precisan.


Estas son as pautas nas que basamos a nosa formación:

1.-Entrar na páxina do centro:www.edu.xunta.es/centros/milladoiro

Acceder ao blog da biblioteca en A nosa biblioteca e ao blogs dos clubs de lectura.

Ao fondo:

Bibliotecas escolares de Galicia 



Secundaria: formación de usuarios básica IES a Xunqueira I (vídeo explicativo).


Orde na sala! from bibliototem on Vimeo.





3.-Para entrar na nosa biblioteca e buscar algún libro en concreto:

Google: Catálogo Meiga. 

Portal de bibliotecas de Galicia

Concello: Ames

IES do Milladoiro

Título do libro:

Outra forma:

concello: Ames

grupo: Centros de ensino

bibliotecas: IES do Milladoiro           
   Entrar na biblioteca

4.-Galiciale

Plataforma galega gratuita para ler en formato dixital. Catálogo en galego e en castelá.

È preciso dirixirse á biblioteca pública e facer o carné de socio

Ningún comentario:

Publicar un comentario