xoves, 24 de novembro de 2016

En loita contra a violencia de xénero

A Bibliotéca súmase ao rexeitamento da violenza contra as mulleres no 25 de novembro:

Exposición de paneis organizados en 5 cubos.
CUBO 1:información sobre a visión tradicional que se ten dado o rol feminino.
CUBO 2: logros que o movemento feminista logrou en distintos ámbitos.
CUBO 3 Reflíctese a desigualdade entre homes e mulleres relativa a determinados dereitos. Ademais destácase a participación activa das mulleres na busca da igualdade e no cumprimento práctico dos dereitos humanos.
CUBO 4: convídase ao alumnado a reflexionar sobre a diversa intencionalidade existente á hora de crear obras de arte. Móstrase como a literatura, a pintura, a escultura e outras manifestacións artísticas poden ser ferramentas que reflicten diferentes visións sobre a muller.
CUBO 5:formúlase a aleatoriedade das identidades masculina e feminina de maneira lúdica para comprender como a asignación de roles , a distribución de cotas de poder e o acceso a oprtunidades son condicionantes socioculturais atribuidos a cada sexo por unha aprendizaxe e que non están vinculados ao factor biolóxico.
Con este material os rapaces de 3º de ESO traballaron primeiro na aula e despois na biblioteca coa colaboración das ONGs AGARESO e ACPP.





Durante o 2º recreo do día 25 de novembro levouse a cabo un visionado das últimas campañas sobre violencia de xénero, así como a Proxección de “Convidados de pedra”.
Participamos na iniciativa do concello de Ames e de Santiago “Concellos en negro”
https://www.youtube.com/watch?v=JBsp0Wwn1Ic

Ningún comentario:

Publicar un comentario