Clubs de lectura de Portugués



CLUBS DE LECTURA DE PORTUGUÉS

Os Clubs de Lectura de Portugués pretenden ser un lugar de encontro e un espazo de interacción, onde o alumnado poida mellorar as súas habilidades, intercambiar ideas e desenvolver o pensamento crítico compartindo as súas experiencias e descubrimentos, debatendo os seus gustos con respecto aos libros que len e converténdose en lectores/as a través dos libros.


   Club de lectura 1º Bacharelato


     



As personaxes da obra "Olhos d'água" son homes, nenos e, sobre todo, mulleres marcadas pola submisión e a violencia debido á cor da pel e outras cuestións sociais e de xénero. Algunhas historias levan os nomes das personaxes, como os títulos: Ana Davenga, Ayoluwa e Natalina. Mulleres que experimentaron diferentes tipos de violencia, pero decidiron seguir vivindo, soñando e anhelando días mellores. Ademais, as persoas da narrativa encarnan a identidade afrobrasileira e lembran o sufrimento, así como a resiliencia, dos seus antepasados.




Club de lectura 4º ESO


Os Clubs de Lectura de Portugués son un lugar de encontro e espazo de interacción onde a xente nova mellora as súas habilidades lectoras, intercambia ideas e desenvolve o pensamento crítico, debate sobre os seus gustos nos libros que len e comparte as súas experiencias e descubrimentos.



"Nãoprometo o nenúfar" é un poemario de Carla Nepomuceno que explora a impermanencia da vida, o cambio e as promesas, utilizando o nenúfar como símbolo da fraxilidade e a delicadeza da existencia. Os poemas seguen a viaxe dun eu lírico entre o pasado e o presente, percorrendo paisaxes e sons de lugares como o Pantanal brasileiro e a Galiza.




Moitas grazas, queridas e queridos estudantes! Ata o próximo encontro.

Comentarios